martes, 1 de enero de 2013

Bos días, Flariz


Os días pasan e o camiño
faise tempo ise tempo
que temos no fondo dos pes
e que nos lembra sempre
aínda no extravío.

Outra paisaxe, outros coiños,
outros lameiros, outros eidos,
outras bestias, outros corazóns batendo
na inmensidade da nosa terra
e como di a poeta
pra min i en mín mesma moras
co canto do ceo
e de todos os mortos
que po as mañás despértanse
e van alegres a mirar
por a fenestra do horizonte
cómo pasan as anduriñas as horas
as penas do peito as alegrías sin xeito
dun mundo a outro.

Entón salgo a rúa 
pisando forte a estrada
e vexo a Igrexa dos meus antepasados
máis desafiante que as nubes que pintou 
o noso Deus pra que a esperanza cargue
no alto do outeiro e toque ca forza
da necesidade as campanas
pra facer felices as xentes
humildes e anónimas 
que rezan na sombra
e viven no monte dos desexos toxos

Sei que aínda que me vaya
volverei
e aínda que non poda
unha eu sempre será diste lugar
algo de mín e pra mín
vive niste pobo
que sempre será o pobo
da miña avoa da miña mai
e das miñas maus cheas.

Bos días, Flariz,
a que vai camiñar
te saluda.

BSO, Hoy de Gloria Estefan

3 comentarios:

  1. Bravo ¡¡¡¡ Con tu permiso, la voy a utilizar como acompañamiento literario a la próxima exposición de fotos antiguas de Flariz (Agosto 2013).

    Un abrazo fuerte, amiga ¡¡

    Asi

    ResponderEliminar
  2. É de agradecer un poema coma este.
    Graciñas e bo ano novo

    ResponderEliminar